Estrea video clip Muíño da Malladoira
Clic na acuarela para acceder ao vídeo
“Muíño da Malladoira” é o novo vídeo musical de Roger de Flor. A canción en cuestión está inspirada nos versos do seu amigo e poeta Luís Maquieira Quiroga, do que se cumpren estes días sete anos do seu pasamento. Neste lugar máxico e exuberante da Malladoira, situado no rural próximo á cidade de Lugo, viviu Luís días felices en comuñón coa natureza, como queda reflectido neste poema incluído no seu libro “Versos del agua”.
A relación de Luís e Roger foi fundamental para este último no seus devir vital e artístico, polo que este traballo significa para el “cumprir unha débeda pendente”, ademais de poñer en valor a poesía dun gran poeta descoñecido para o gran público.
Na gravación da canción participaron o propio Roger (voz, guitarra acústica e baixo), Charlie Mysterio (guitarra española), Pedro Montilla (violín) e César Yáñez (pandeiro).
Para a realización deste novo vídeo musical contou coa colaboración do fotógrafo lucense Eduardo Castro Bal.



.png)

Comentarios
Publicar un comentario